Galicia

Besteiro anuncia que suspende de militancia aos 5 concelleiros socialistas de Ourense enfrontados ao alcalde

O secretario xeral do PSdeG anunciou este xoves a suspensión de militancia dos cinco concelleiros ‘díscolos’ do PSOE de Ourense que “incumpriron as súas obrigas” a deixar de asistir ás xuntas de goberno local e reunións do grupo municipal.

Esta situación mantense dende o pasado 16 de decembro, cando este grupo de críticos abandonaron unha sesión plenaria durante a votación, deixando en minoría o alcalde, Agustín Fernández.

O martes, José Ramón Gómez Besteiro advertiu– logo da apertura dun expediente disciplinario a os devanditos edis- que “non” consentiría que ningún traballador público, neste caso político, “incumpra as súas obrigas”como “servidor público”. Este mesmo xoves, as tres concelleiras que están en desacordo co alcalde, e que teñen posto na xunta de goberno non acudiron á cita, se ben dous delas presentaron ao rexedor un escrito de renuncia o pasado día 13.

 

También te puede interesar