Sucesos

Trasladadas a Povisa dúas personas afectadas polo monóxido de carbono dunha estufa

Tres persoas foron trasladadas ao hospital, pasadas as 6 da mañá deste xoves, tras inhalar monóxido de carbono que, segundo os bombeiros, puido ser provocado por unha estufa de leña nunha vivenda na rúa Chamiceira, no concello de Cangas.

Tras recibir o aviso dos servizos sanitarios de urxencia, o 112 informou os Bombeiros do Morrazo, que se encargaron de facer as correspondentes medicións, que deron positivas.

O 061 mobilizou dúas ambulancias asistenciais e un médico para atender as tres persoas afectadas, dos das cales, M.C.L.P., unha muller de 53 anos, e A.N.M., un home da mesma idade, foron evacuadas a Povisa.

 

You may also like