
A Xerencia de Urbanismo aprobou este venres un “expediente de realoxo temporal” que permitirá disponer dunha vivenda a Analía Melón, que tivo que deixar, xunto coas súas dúas fillas menores, a casa na que vivía en Pizarro por falla de cartos para seguir pagando o aluguer.
Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, logo de que se leven a cabo os trámites legais, Analía, poderá trasladarse, “en unhas semanas”, a un piso, de propiedade municipal, na rúa Anduriña.