Galicia rexistrou ao longo de 2013 un total de 146 adopcións de menores, das que 89 foron de carácter internacional -procedentes de 17 países distintos de todo o mundo–e 57 producíronse dentro do ámbito estatal.
Segundo indicou a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, no pasado exercicio presentáronse 217 solicitudes en adopción nacional e 165 en internacional. Con todo, precisou, hai que ter en conta que o proceso de adopción “é longo” e non se resolve, en xeral, no mesmo ano que se presenta a solicitude, polo que as resolucións producidas en 2013 veñen de expedientes de anos anteriores.
En canto á distribución por provincias, das 57 adopcións estatais, 23 realizáronse en Pontevedra, 16 na Coruña, 10 en Lugo e oito en Ourense. Pola súa parte, das 89 asignacións internacionais, 50 foron na Coruña, 27 en Pontevedra, nove en Ourense e tres en Lugo.
Por países, a maior parte dos nenos asignados en 2013 proceden, por esta orde, de Etiopía, China, Colombia e Vietnam. Tamén producíronse adopcións en Brasil, Bulgaria, Burundi, Costa de Marfil, Filipinas, Hungría, Kazakhstan, México, Panamá, Perú, Polonia, Rusia e Ucraína.