Comarcas

Louzán anuncia que pagará a extra de Nadal aos funcionarios da Deputación e admite que foi un erro retirarlla

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán/Tresyuno Comunicación

Non é nada habitual que un responsable público recoñeza un erro, menos ainda que o faga públicamente e casi inaudito que, ademáis, rectifique. O presidente da Deputación de Pontevedra, amosouse decidido a aboar a paga extra de Nadal de 2012 a “tódolos funcionarios” da institución tras admitir que o Goberno “non tomou a mellor decisión”.

Rafael Louzán anunciou esta decisión tras entrevistarse co presidente nacional da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF), Miguel Borra, que acudiu á reunión acompañado polos responsables deste sindicato en Galicia e na provincia de Pontevedra.

O encontro coincidiu coa publicación da sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra que recoñeceu este luns o dereito de 135 traballadores laborais do ente provincial a percibir a extra de decembro de 2012 na contía que corresponda baseándose nos servizos prestados polo período devengar do 1 de xaneiro ao 14 de xullo daquel ano. Así, o xulgado decretou o abono tras aceptar unha demanda dos sindicatos CSIF, Comisións Obreiras, UGT e CIG.

Respecto ao resto de funcionarios, máis de 700, Rafael Louzán recoñeceu que “quedan nunha situación diferente ao resto de laborais”, e asume “que non deberían quedar fóra”, polo que entende que “hai que recoñecer que a decisión non foi ben tomada no seu momento”.

“Temos que respectar, e eu o primeiro, as decisións tomadas polo Goberno, pero pódese comprobar con esta sentenza que non se tomou a decisión do mellor xeito posible”, admitiu o mandatario popular, “porque senón, non se entende que estean saíndo unha tras outra sentenzas favorables aos intereses dos traballadores”, engadiu.

Aínda que o fallo se pode recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o presidente da Deputación acatará a sentenza e admitiu sentilo polos traballadores. “Dende esta institución hai unha satisfacción xeneralizada polo seu traballo”, sentenciou.

 

También te puede interesar