A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento que se agarda que traía ventos de másis de 100 quilómetros por hora– a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.