Sucesos

35 detidos por estafar numerosas empresas mediante o ‘engano do Nazareno’

A Guardia Civil ven de deter no marco da ‘Operación Alpechín’, a 35 persoas, unha delas na Coruña, e imputou a outras 15, que realizaban estafas a comerciantes mediante o “engano do Nazareno”.

Segundo explicou o Instituto Armado, simulaban ser empresarios nun sector determinado e realizaban pequenos pedidos que pagaban de forma puntual co fin de gañar a confianza do provedor. Unha vez obtida esta amizade, realizaban un pedido superior que nunca chegaban a aboar. Posteriormente, poñíano á venda a un prezo inferior ao de mercado a través de empresas receptoras.

A persona detida na provincia de A Coruña, sería responsable da estafa a catro empresas, ás que se suman outra na de Ourense, tres na de Lugo e tres na de Pontevedra.

As condicións de pagamento que estipulaban eran de 30, 60 ou 90 días co fin de dispoñer de tempo abondo para estafar ao maior número de empresas posibles e vender a mercadoría logo a menor custo ás empresas receptoras, sen aboar cantidade ningunha a quen llelo vendera.

Mediante este método, os estafadores obterían ganancias por enriba dos dous millóns de euros, se ben o total defraudado está aínda por determinar, segundo indicou a Benemérita.

Aos detidos impútaselles os delitos de estafa, branqueo de capitais, receptación, delitos societarios, falsificación de documentos e pertenza a banda criminal, entre outros.

Con este operativo esclarecéronse un total de 126 feitos delituosos que afectaron a empresas de 38 provincias de case todas as comunidades autónomas. Ademais, interviñeron abundante documentación, equipos informáticos, teléfonos móbiles, un vehículo, viños, licores, embutidos e aceites.

Tras as primeiras investigacións, os axentes localizaron unha organización que estaba “perfectamente estructurada e xerarquizada”, segundo sinalan as mesmas fontes. Utilizaba empresas “pantalla” á fronte da cal poñían un home de palla como administrador a cambio dunha compensación económica, xa que os xefes da organización eran terceiras persoas. Durante a operación investigáronse un total de 25 empresas “pantalla”.

 

También te puede interesar