Carlos Roa, directivo encargado da cordinación dos asesores da Petrolera Mexicana (PEMEX) ven de anunciar en Vigo- no marco do inicio da construción do flotel- que hai un principio de acordo entre Barreras e unha empresa mexicana – da que non deu o nome- para que o asteleiro galego opte á adxudicación de tres barcos ‘excitadores’ de pozos petrolíferos.
A devandita empresa, sinalou Roa, é unha das participantes nun concurso convocado por Pemex Exploración e Produción (PEP) para a construción de cinco barcos dos cales puxará por tres que, se finalmente gaña, poden facerse en Barreras.
Roa indicou que son barcos ‘medios’, cun custo de licitación duns 60 millóns de euros- cada un- e que a decisión final da adxudicación non se coñecerá ate principios de verán.