
Desafiando á choiva que caía sobre Vigo pasadas as 11 e media da mañá deste domingo, centos de personas manifestáronse dende a Praza de España, por Gran Vía e Urzaíz, ata o centro, para esixir o “indulto inmediato” para Serafín Rodríguez (CIG) e Carlos Rivas (UGT), condenados a tres anos de cárcere por participar nun piquete nunha folga de transporte en abril de 2008
Berrando lemas como “non pode ser, non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder” ou “non son ladrones, son traballadores”, os concentrados, levando unha faixa na que podía lerse ‘Defender os dereitos da clase traballadora non é un delito’, clamaron contra unha condena que consideran “desproporcionada e inxusta”.

Hai que lembrar que, en 2008, Serafín e Carlos participaban nunha manifestación na rotonda de Bouzas, xunto a unhas 80 persoas e alí, a policía lles esixiu que se identificasen, chegándolles un tempo máis tarde a citación da xuíza. Non obstante, eles rexeitaron estar a facer actos vandálicos ou impedir que os traballadores acudisen ao seu posto de traballo, de feito non foron detidos e non hai denuncia algunha nin de particulares nin de empresas polos feitos que os tribunales consideraron como un delito.

Ademáis do apoio das centrais sindicais, organización cidadás, asociacións e milleiros de personas de dentro e fora de Galicia, Carlos Rivas e Serafín Rodríguez contan co respaldo do BNG- que presentou no Congreso dos Deputados unha petición para que sexan indultados polo Goberno- do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e do alcalde quen recibiu aos dous condenados no Concello e comprometeuse a plantexar o seu indulto ao Goberno do Estado.