Cultura

Os nosos compañeiros Jorge Landín e Óscar Vázquez, amosan as súas fotografías na Delegación da Xunta

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle dende este luns, día 10 de febreiro e ata o 5 de marzo, unha exposición dos nosos compañeiros Jorge Landín e Óscar Vázquez. Baixo o título “Visión compartida”, a mostra está formada por 24 fotografías de autor nas que amosan a súa visión como xornalistas gráficos e a realidade que captan a diario.

Landín mostra 12 fotografías realizadas todas elas na cidade, Vázquez amosa outras tantas imaxes cunha breve explicación do que se pode observar. A maior parte delas son tomadas en Vigo e soamente 4 foron realizadas noutras cidades de outros tantos países.

Jorge Landín traballa en ‘Atlántico Diario’ e participou en varias exposicións colectivas coma “Marea Negra” ou sobre a Volta ao Mundo de Vela. Óscar Vázquez é xornalista de ‘La Voz de Galicia’ e participa en diferentes exposicións tanto individuais coma colectivas como “Mulleres”, “Marea Negra” ou “Chapapote”, entre outras.

 

También te puede interesar