Galicia

Afectados polas Preferentes multados por manifestarse, varios deles maiores de 74 anos, van a Pontevedra a recurrir as sancións

Encarnación de 74 anos, está multada por bater ese ferro que leva na man contra ese tapacubos/Tresyuno Comunicación

A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño acudirá este martes, día 11- ás 10 e media da mañá- á Subdelegación do Governo de Pontevedra para entregar os recursos das sancións impostas aos afectados, “que continúan ratificándose nos feitos”.

Con ese recursos, indica a Plataforma, achegarán o acordo plenario do Concello de Tui, do pasado día 31 de xaneiro, onde se recoñecen certas irregulariedades nos expedientes sancionadores que, xa suman, en conxunto, máis de 16.000 € e que, segundo o voceiro destes aforradores, “baséanse en mentiras e manipulacións”.

Entre os multados por ‘altercados’ ou ‘atentado á autoridade’, están Encarnación, de 74 anos, multada por bater cun ferro nunha aixada; Elvira de 65 anos por estar no adro da Catedral de Tui ou Ricardo, de 66 anos, con tratamento antidepresivo. A eles hai que engadir os casos de Juan, de 71 anos, que sufriu unha trobose que deixoulle sen visión nun ollo e Luis, cunha discapacidade do 70% – quen perdeu nas Preferentes a cantidade que cobrou pola devandita incapacidade- e que están citados como acusados nun xuizo de faltas o vindeiro día 26 en Lalín.

 

También te puede interesar