Vigo al minuto

Os traballadores de Freiremar seguen coas súas mobilizacións

Os empregados de Freiremar volveron concentrarse este martes ante a delegación da Xunta en Vigo para reclamar solucións ao seu caso, á espera de que se celebre o xuízo pola demanda de impugnación de despedimento colectivo- previsto, segundo soubo esta redación, para o vindeiro 25 de marzo-.

O voceiro dos traballadores lembrou que a firma segue adebedando a cada traballador despedido – en total 104 en Vigo- entre 2.500 e 4.000 €, segundo o caso, e criticou que o administrador concursal “só fala coa empresa e aínda non se reuniu cos empregados”.

As sospeitas da plantilla seguen sendo que Freiremar funcionaba cunha armazón societario de máis de 60 sociedades e os indicios de que puidese incorrer en prácticas fraudulentas, para desviar perdas ás empresas que executaron os despedimentos.

Polo que se refire ás instalacións na cidade, sinalou que Freiremar estivo a retirar mercadoría dos frigoríficos, aínda que recoñeceu que os traballadores non teñen información precisa de cánta materia prima queda aínda nos almacéns.

 

También te puede interesar