O presidente da Xunta anunciou este xoves a convocatoria dunha oferta pública de emprego de 117 prazas para persoal docente de ensino secundario, 93 delas correspondente libre e 24 reservadas para promoción interna.
Na rolda de prensa posterior ao consello, o Presidente salientou que este ano a Consellería de Cultura de Educación e Ordenación Universitaria convoca “o máximo número de prazas permitido pola taxa de reposición”, que se sitúa no 10% .
Das 93 correspondentes libre, a convocatoria distribúese entre 24 prazas para a especialidade de xeografía e historia, 24 para matemáticas, 20 para bioloxía e xeoloxía, 15 para inglés e 10 para administración de empresas.
Na quenda de promoción interna, as 24 prazas divídense en 6 para xeografía e historia, 6 para matemáticas, 5 para bioloxía e xeoloxía, 4 para inglés e 3 para administración de empresas.
Na súa comparecencia ante os medios, o presidente destacou como un dos obxectivos desta oferta pública de emprego “achegar maior estabilidade” no ámbito das administracións públicas. Así, resaltou que os profesores que accedan ás prazas ofertadas “poderán ter estabilidade e unha relación xurídica de carácter indefinido”.
Feijóo referiuse, ademáis á execución, nestes momentos, doutra oferta pública de emprego no ámbito da Administración Xeral do Estado -con 47 prazas- e a que, entre 2012 e 2013, a oferta no Servizo Galego de Saúde ascende a 341 prazas.