Preto de 60 membros sa Plataforma de Afectados polas Preferentes de Baixo Miño e Pensionistas Emigrantes retornados, concentráronse este sábado en Tui para recibir ao vicepresidente da XCunta- quen acudía á inauguración dun curso da UNED sobre o Camiño de Santiago- para pedirlle que os recibise.
Alfonso Rueda sí se detivo a escoitar as súas demandas pero non se comprometeu a tomar decisión algunha, “non o podo facer, hoxe, porque me paren aquí”, dixolles aos aforradores, limitándose a citalos “cando teñamos algo concreto que comunicar e que sexa interesante para todos”.
Pola súa banda, a Plataforma do Baixo Miño comentou a súa perplexidade no tema das multas aos aforradores por saír á rúa, “non comprendermos como os máximos responsábeis da Policía Local de Tui, o alcalde e o concelleiro da Policía Local, en pleno extraodinario, condenan a represión aos afectados, piden a retirada das sancións impostas, e no derradeiro pleno ordinario, formulan un certificado plenario admitindo presuntas irregularidades, e solicitan a revisión dos expedientes sancionadores, e, a súa vez, envían non se sabe qué probas á Fiscalía, nas que supostamente se demostra a legalidade das mesmas, no canto de esixir e enviar probas á Fiscalía para que se investigue o roubo das preferentes, así se poidan recuperar os aforros atrapados”.
Os Afectados aseguran que o certo é que os axentes da Policía Local teñen que cumprir ordes, pois non deixan de ser traballadores públicos, “non é a primeira vez que isto acontece, nestes últimos días,traballadores da TVG admitían presión para que non se emitirira ou fose manipulada a información que tiña que ver coa estafa das preferentes”, por iso, salientan, non se dirixen contra os axentes, senon contra o máximo responsábel da Policía Local, “que un día admite as irregulariedades, e, uns días despois nos topamos con esta nova na prensa”.
A Plataforma subliña que non é a primeira vez, que un axente da Policía Local de Tui denuncia ao portavoz da plataforma do Baixo Miño, Xulio Vicente, “ao cal a xustiza deulle a razón e saíu absolto…cecáis hai por aí unha obsesión amor-odio cara o portavoz que explicaría as situacións tan surrealistas que se están a levar a cabo”.
Os aforradores engaden que “a realidade é que o Partido Popular, a traverso de sancións administrativas, reprime aos afectados para que estes se amedrenteten e salan da rúa, mais a xustiza séguenos a dar a razón”. Onte mesmo a Plataformas do Baixo Miño tivo coñecemento de que a denuncia presentado polo Congreso dos Deputados contra Vanesam unha das súas integrantes que “estivo presente o día que legalizaron a quita-roubo no Congreso dos Deputados”, ficou arquivada 😮 xuez Bermúdez non viu delito algún, “a iso chámase liberdade de expresión, liberdade que a máis dun lles molesta moito”.