Domingo ‘tranquilo’ do tempo antes da chegada dunha nova fronte o luns

Este domingo será un ´día de transición’ á espera dunha nova fronte que chegará a Galicia o luns de madrugada. Segundo a previsión de MeteoGalicia, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias intermitentes na franxa atlántica e con apertura de claros na metade este.

As temperaturas mínima sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, con xeadas en bisbarras do interior, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos, por cidades as máximas agárdanse en A Coruña e Ourense, con 13 graos, e Pontevedra, Ferrol e Vigo con 12 (mínima de 3), en Lugo os temperaturas descenderán ata 1 grao. Polo que se refier ao vento, soprará do sudoeste, moderado durante a mañá e aumentando a intensidade a forte no litoral norte pola tarde.

O luns, unha fronte fría deixará precipitacións na metade oeste de Galicia, mentres que na metade leste os ceos estarán anubrados sen chuvias. Durante a tarde quedaremos nunha situación de chuvascos, probables en calquera punto do país e que serán de neve en cotas altas, arredor dos 1200 metros. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable, mentres que as máximas quedarán sen cambios- por cidades Vigo estará entre os 11 e os 8 graos-. O vento soprará de compoñente sur, moderado con intervalos fortes durante a mañá e baixando en intensidade a partir do mediodía.

 

También te puede interesar