1.000 veciños de A Mariña de Lugo continúan sen luz a causa dos efectos do temporal ‘Ulla’, que deixou ventos de ata 163 quilómetros por hora en Burela e provocou a caída do tendido.
Fontes da empresa Begasa sinalaron que a última hora deste venres, estimaba nun millar os domicilios que continuaban coa electricidade cortada dende que, pola mañá, unha caída do tendido deixase sen luz á maior parte da bisbarra. Os operarios traballan na zona para tratar de restablecer a subministración o antes posible.
O temporal amainou durante a tarde e, se ben se alcanzaron momentos máximos de 163 quilómetros por hora no concello de Burela e 157 en Punta Candieira, en Cedeira, as últimas medicións rebaixan as cifras a 93,96 quilómetros por hora na cabeza de Manzaneda ou 67,1 en Punta Candieira.