Axentes da Policía Local de Lugo localizaron este martes pola tarde, no Miño, un cadáver que, a falta de confirmación pola autopsia, se corresponde co da muller desaparecida hai unha semana na capital lucense.
A muller, de 37 anos, permanecía en paradoiro descoñecido dende o día 11, aínda que o operativo non se puxo en marcha ata o día 15, cando os seus familiares acudiron á comisaría da cidade para denunciar a desaparición.
Preto das 7 da tarde, os axentes en colaboración con Protección Civil e Garda Civil, ainda seguían no río tentado sacar o cadáver da auga dado que atópase nun lugar de moi difícil acceso.