Comarcas

O presidente Feijóo inaugura as novas instalacións do CTAG en Porriño

O presidente da Xunta indicou, este mércores, na inauguración das novas instalacións de O Porriño del Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) que “o sector automobilístico é un os sectores industriais máis estratéxicos» da economía de Galicia, e un nos que hai que basear a recuperación económica».

Trátase dun centro que conta con 350 empregados -o 80% enxeñeiros superiores e doutores- que traballan en equipos multidisciplinares nunhas instalacións que abranguen 7.000 metros cadrados edificados -con talleres, laboratorios, espazos de desenvolvemento e zonas de proba-, e 15.000 metros cadrados de pistas.

A Xunta investiu 10 millóns de euros na construción deste complexo que esperan que chegue a converterse nun «centro de referencia en Europa, tanto en electrónica coma en software para vehículos electrónicos».

O presidente subliñou que, con este centro pretenden «consolidar o campo de coñecemento para saír da crise económica», posto que Galicia «se revela como un país con afán de emprender, de innovar, de competir e de situarse dentro da vangarda tecnolóxica de automoción de España e a Unión Europea».

Ademais, indicou que, para o desenvolvemento do sector en Galicia, son factores fundamentais a unión de esforzos, a innovación permanente e a colaboración entre a industria e a administración. «En Galicia non só construímos automóbiles, pezas e compoñentes, senón que tamén estamos a investigar a electrónica de automoción do futuro».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.