Milleiros de estudantes de ensino medio e universitario, secundaron nas rúas do país a folga convocada para este xoves polas organizacións de alumnos Agir, Os Comités e A Liga Estudantil – e apiada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público-, contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
Á mesma hora- as 12- en que a manifestación saída da Praza de américa de Vigo baixo o lema ‘En pé por un ensino público galego’, o facían outras marchas en 20 concellos de Galicia, Santiago, A Coruña, Lugo,Ferrol, Ourense, Pontevedra, Carballo, Cee, Moaña, Noia, Ponteareas, Pontedeume, Ribadeo, Ribeira, Sarria, Verín, Vilagarcía e Vilalba.
As entidades convocantes presentaron estas protestas por toda Galicia nas últimas semanas, co fin de realizar un “chamamento ao estudiantado galego e ao conxunto da sociedade para que se mobilizase, para que loite “.
Ademais de contra a ‘Lei Wert’, a protesta é contra os recortes en Erasmus, con estanzas máis reducidas, ou a redución de profesorado galego dos últimos anos. Agir e Os Comités e Liga Estudantil Galega tamén avanzaran na presentación da folga do 20 de febreiro que se trata do inicio dun calendario “continuado” de protestas “contra os ataques ao ensino público”.
Os Comités sinalaron que a maioría das aulas de ensino medio “están valeiras” xa que é neste tipo de mobilizacións son os estudantes dos institutos os que maís responden, aínda que, segundo esta organización, “tamén se secundou o paro na universidade”.
Os organizadores das manifestacións subliñaron que a folga era necesaria- logo da do pasado 24 de autono- porque a situación no ensino público “non so non mellora, senon que empeorou e seguirá deteriorándose” polo cal “é importante saír á rúa para combater as políticas do Goberno que o que queren é acabar co sistema de educación público”.