Vigo al minuto

Traballadores de Povisa plantearán iniciar unha folga indefinida

Onte rematou o periodo de consultas dos colectivos perxudicados por las modificacións nas condicións laborais, que afectan  a 67 traballadores e acarrea o cese contratual a 13 empleados. A negativa do colectivo de Povisa ante a reducción da xornada proposta por la empresa, levará a propoñer na próxima Asamblea a folga indefinida.

Ante os 13 despidos que se acontecerán nos próximos días, engádese a rescisión do contrato dunha traballadora para o día 28 de febreiro. A Presidenta do Comité de Empresa, María Jesús Neira, declara que “se trata dun contrato vinculado ao convenio Sergas” clasificando a decisión “como fraude de ley por ser de carácter indefinido”. Actualmente dos 524 traballadores a tempo parcial, máis de 300 pertencen ao convenio Sergas. En canto aos próximos ceses descoñecen as causas notificadas.

A flexibilización da xornada ofrecida pola empresa fragmenta e varía os horarios laborais das 35 ás 40 horas semanais. Como consecuencia da medida, diminúe o persoal vinculado a carga laboral das quendas. “Na planta de Cardioloxía durante o fin de semana, a traballadora pasa de realizar 6 horas en vez de 7, polo tanto na queda da mañán e pola tarde, en dúas horas non existe persoal na zona de partos e débese recurrir a traballadores de outros servizos” manifesta María Jesús.

O colectivo presentou una demanda polas modificacións sustanciais que consideran de chantaxe. A súa indignación arremete contra a falta de apoio da Consellería de Sanidade e a Xunta. Ademais consideran contradictorio que dende novembro a empresa realice contratos por acumulación de carga laboral ao tempo que despiden traballadores por excedencia de horas con contratos Sergas.

 

Te podría interesar