Galicia

A militancia de Anova decide repetir a fórmula de Alternativa Galega de Esquerda nas Europeas

Beiras e Yolanda Díaz (EU), nun mitin, antes das Eleccións Galegas, en Vigo/Tresyuno Comunicación

A militancia de Anova elixiu, este domingo en referendo, por estreita marxe, a opción de participar nas eleccións europeas integrada en coalición coa esquerda federal xunto a Esquerda Unida con 380 votos -48,04%-, fronte aos 369 sufraxios -46,65 %- que optaron por coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estados e con plataformas cívico políticas de esquerda rupturista.

Pola súa banda, só 37 persoas -4,68 por cento- elixiron a terceira posibilidade de non concorrer aos comicios ao Parlamento Europeo. Ademais, houbo tres votos en branco e dous nulos, segundo informou a organización de Anova.

Deste modo, resultou vencedora a opción pola que se posicionara o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, por 11 votos respecto á segunda máis maioritaria nun axustado referendo no que emitiron o seu sufraxio 791 militantes -un 72,44 % de participación- dos máis de 1.200 que estaban chamados a facelo.

 

También te puede interesar