Vigo al minuto

O Pleno do Concello pide, por unanimidade, o indulto para Carlos e Serafín

O Pleno do Concello aprobou este luns, por unanimidade, unha declaración institucional na que pide ao Consello de Ministros o indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, traballadores condenados a tres anos de cadea por participar nun piquete informativo durante a folga provincial de transporte, en 2008.

Rodríguez e Rivas, afiliados a CIG e UGT, respectivamente, foron condenados o 9 de maio de 2011 polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo, fallo que foi ratificado dous anos máis tarde pola Audiencia de Pontevedra.

A primeira petición de indulto foi denegada o pasado mes de decembro e, agora, preséntase de novo. O Pleno salienta que Carlos e Serafín sairon absoltos dun delito de danos e que non se presentou denuncia algunha nin por parte de traballadores nin de empresarios que poidesen verse afectados polos piquetes na devandita folga.

 

You may also like