A atención telefónica dos profesionais médicos amplíase a partir do 10 de marzo

O Plan de atención telefónica exténdese a totalidade dos profesionais de atención primaria nos centros do Servizo Galego de Saúde a partir do 10 de marzo. Ata o momento estaba activo nos médicos de familia, pero a medida dilátase para as consultas de pediatría, matrona, enfermaría e traballadores sociais.

O proxecto que comezou en decembro, rexistra 116.000 consultas por teléfono en atención primaria, que supón un 5,5% do total destes consultorios. Na actualidade 3.000 persoas empregan a telefonía evitando o desprazamento e as esperas innecesarias para solicitar unha consulta médica ou sanitaria. O protocolo de actuación ofrece garantías para pacientes e profesionais.

A consulta por teléfono rexístrase como unha cita estándar. Alcanzado o día e a hora establecidos, o persoal médico contacta co paciente para a realización do asesoramiento, rexistrando a convocatoria na historia clínica do usuario. En caso de que a cita non poida realizarse por teléfono, o médico de familia a remitirá a consulta presencial para que acuda ao centro de saúde.

 

También te puede interesar