Vigo al minuto

O BNG advirte da constitución dun “bipartito PP-PSOE” en el Concello

A voceira municipal do BNG, Iolanda Veloso/Tresyuno Comunicación

A voceira do grupo municipal do BNG advertiu este xoves da constitución dun “novo bipartito” entre o PSOE e o PP no Concello á vista das negociacións abertas entre os dous grupos para a aprobación dos orzamentos locais deste ano.

Iolanda Veloso salientou que o Partido Socialista negocia cos populares a supresión dos organismos autónomos municipais, “cando na Deputación votou en contra de que se eliminasen os provinciais” e, indicou, “o alcalde tamén está falando de que o Concello asuma gastos que son competencia doutras administracións”, en referencia ao transporte metropolitano, os servizos ao novo hospital ou “a venda de pisos de propiedade municipal para pagar os terreos da Cidade da Xustiza, que son prioridades que leva o Partido Popular para chegar a un acordo sobre os presupostos.

Veloso lembrou que ata agora Abel Caballero sempre deixara claro que os veciños de Vigo non pagarían ningún gasto que correspondese á Xunta, Deputación ou ao Goberno do Estado e que “agora está negociando os mesmos co PP”.

A concelleira nacionalista rexeitou, ademáis, que o BNG se negara a negociar co PSOE as contas deste ano e afirmou que tivo unha reunión co alcalde na que “puxe enriba da mesa os seus incumplimentos do acordo ao que chegamos o ano pasado e os imcumplimentos dos acordos do Pleno e non vin vontade ningunha de cumplilos…polo tanto o que non quixo negociar co Bloque foi él”.

Entre eses imcumplimentos citou o Plan Social, “que entre as cantidades adicadas a propaganda e as que non se executaron reduciron á metado os cartos que chegaron ás familias que o necesitaban…nunha situación así é moi difícil citarse a negociar…cómo presentar propostas que sabemos que non hai intención de cumplir?”.

 

También te puede interesar