A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral de Lugo e ao Oeste e noroeste de A Coruña a partir das primeiras horas deste venres.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espera mar combinado do noroeste, con ondas de entre 5 e 6 metros, que poden chegar aos 7 metros mar dentro no litoral lucense e ocasionalmente na zona de Prior-Bares.
Pola súa banda, segundo concreta Emerxencias, as costas da provincia de Pontevedra e a zona sueste de A Coruña estarán en alerta amarela dende as primeiras horas do día.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación os concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.
Tamén lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos dende balcóns e ventás.