É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO número de afiliados á Seguridade Social subiu o mes pasado en 1.613 personas e descendeu en 6.300 dende 2013
Galicia aumentou en 1.613 personas, durante o mes pasado, o número de afiliados á Seguridade Social o que supón un incremento do 0,18 %, e se sitúa con 902.990 cotizantes. A taxa interanual da afiliación media galega rexistrou o pasado mes un descenso do 0,69 %, o que supón unha perda de 6.299 afiliados.
Por provincias o incremento de afiliados en febreiro foi maior na de Pontevedra, con 816, un 0,27% máis; seguida da Coruña, con 712, un 0,18 %; Lugo, con 50, un 0,0 4%; e Ourense, con 35, un 0,04 % máis.
Dos 902.990 afiliados en Galicia, 386.889 corresponden á provincia da Coruña, 307.235 á de Pontevedra, 112.373 á de Lugo e 96.493 á de Ourense. Por réximes, 667.999 afiliados galegos corresponden ao xeneral; 213.311, ao de autónomos e 21.681 ao de Mar.
En canto á variación media interanual rexistrada o pasado mes foi de 2.048 cotizantes menos na Coruña; 1.790 menos en Lugo; 1.724 menos en Pontevedra e 737 menos en Ourense.