O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) condena ao Concello de Ponteareas a costear 402.233,46 euros polo impago de diversos contratos de obras a Construcciones Vale S.L. realizados entre 1992 e 2008.
Confirmada a decisión do TSXG, a sentenza é firme sen posibilidade de presentacións de recurso. Frente ao goberno do Partido Popular, o portavoz do BNG, Xosé Represas, declara que “a incapacidade do goberno para xestionar o Concello e sanear a economía municipal, o mesmo tempo que coa súa incapacidade provocan un desvío dos ingresos do Concello, que en lugar de utilizalos para investimentos e necesidades básicas como saneamento, servizos sociais, son utilizados para pagar os intereses de demora da débeda que eles mesmos acumularon”.
En 2009 Construcciones Vale S.L. solicitou ao municipio o pago de varias facturas efectuadas ao longo de 16 anos. Tras reclamar ante os tribunais, a sentenza obrigar ao Concello ao pago da débeda cos intereses de demora, importe que se incrementa co paso temporal.