Galicia

Enfrontamento entre os pescadores do Cerco e os antidisturbios, en Santiago

FOTOGRAFÍA: @ErnestoIlkermn A manifestación da flota do cerco galega para reclamar unha repartición das cotas de xarda e xurelo concluíu con incidentes e enfrontamentos entre os antidisturbios e os manifestantes, que desprazaron a súa protesta ata o Parlamento de Galicia, malia que estaba previsto que concluíse ante a Xunta, en San Caetano.

Os momentos de tensión empezaron na rotonda de San Caetano, cando os manifestantes viron o desmedido despregamento policial que lles impedía achegarse ao edificio administrativo. Despois de varios minutos de altercados, a marcha reconduciuse en dirección ao Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia, e nas inmediacións da cal para esta xornada estaba convocada unha concentración de alcaldes e deputados contra a suba do canon de Sogama, así como Afectados polas Preferentes.

No percorrido cara ao Pazo do Hórreo, os manifestantes foron tirando colectores ao medio da estrada e lanzaron unha bengala e varios petardos. Ata ese momento, a protesta transcorrera sen incidentes, pero no seu discorrer ata o Parlamento provocou problemas de circulación no centro da cidade.

Os antidisturbios cortaron o acceso ao Parlamento, como pode verse nas fotografías de @Ilkermn, polo que os manifestantes sentaron no medio da rúa de O Hórreo esquina con Ramón Piñeiro.

 

También te puede interesar