Sucesos

O lume que queimou xa 50 hectáreas en Xermade empezóu, ao mesmo tempo, en tres lugares distintos

Así o asegurou este mércores o seu alcalde quen non dubidou en reiterar que o lume foi intencionado. “Empezou ao mesmo tempo en tres sitios, preto da estrada”, comentou Tomás Rodríguez quen engadiu que a diferencia entre cada foco non superou o cuarto de hora.

Exactamente as lapas prenderon en Xermade, Cabreirós e Roupar, seguen activas e quiemaron xa máis de 50 hectáreas dende a noite deste martes. Os datos confirmados por Medio Rural son que ainda non está controlado o lume de Roupar- que supera as 20 hectáreas- superficie semallante ao de Xermade –que á hora de redactar esta información non estaba apagado ainda que sí se tiña xa controlado– e o único que se sabe de Cabreirós é que segue ardendo e que, todos eles acabaron cunha importante superficie de arbolado.

 

También te puede interesar