O Pavillón de As Travesas acollerá esta fin de semana -venres e sábado- o Trofeo Cidade de Vigo de patinaxe , IV Copa de España de Patinaxe Artístico Grupos Show. organizado polo Coruxo FC e no que participarán 42 clubes de toda España. Tamén se celebrará o IV Campionato de Patinaxe Artístico Grupos Show, en categoría Grupos xuveniles e cuartetos. As categorías do campionato de España serán grupos de grandes (mínimo 16 patinadores) e pequenos (4 patinadores).
Ao mesmo asistirán 9 federacións autonómicas, 42 clubes e máis de 600 participantes e supón un paso clasificatorio para os Campionatos Europeos de Grupos Xuvenís e para a Copa Europea de Grandes e Pequenos, polo que acuden clubes de toda España para tratar de conseguir praza europea.