Vigo al minuto

Os Bombeiros de Vigo, de obras para refacer o parque de Teis

Os bombeiros nunha intervención en Vigo (Arquivo)/Tresyuno Comunicación

Os Bombeiros terán parques ‘novos’. A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a remodelación do Parque de Bombeiros de Teis e as obras empezarán a semana que ven para rematar en outobro. O obxectivo é, ademáis de acabar cunhas instalación que están nun estado deficiente, mellorar a operatividade dos servizos que prestan os 120 bombeiros que hai na cidade.

O parque reformado disporá dun novo espazo de cocheras único e diferenciado, agrandarase o acceso dos vehículos- co cal garántese o funcionamento de toda a flota ao mesmo tempo– agruparanse os espazos adicados a control, tareas administrativas, docentes e do persoal e estableceranse comunicacións verticais axeitadas para facilitar a mobilidade.

Cando remate a remodelación do Parque de Teis empezarán os traballos de mellora das instalacións de Balaídos que sufrirán unha “transformación profunda” que fará que o mesmo- dado que está no centro de Vigo- pase a ser o parque central da cidade, “acollendo no futuro o groso da dotación de Bombeiros».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.