Plan do Cerco do xurelo: cota diaria de 100 caixas e prezos mínimos de 5 e 7 € por caixa

O plan de xestión conxunta da flota galega do cerco fixa unha cota diaria, para o xurelo, de 100 caixas de peixe e un prezo mínimo de 5 €, a caixa de menor tamaño, e de 7 € a de maior magnitude, segundo o resumo dos acordos da Asemblea de Portosín, que publica a Asemblea de armadores de cerco de Galicia (Acerga).

En canto á xarda, que foi a especie pola que se desencadeou o conflito entre este segmento da flota, “a asemblea -integrada por 120 armadores galegos, dun total de 153- acepta a ponderación proposta na reunión de representantes e conselleira”.

Non obstante, indica que “se pon de manifesto que o número de tripulantes por embarcacións que aparece na repartición facilitada pola conselleira ten erros que hai que emendar”.

En canto ao xurelo, a xestión conxunta establece, para os barcos menores de 50 GT -unidade de medida correspondente a Gran Tonelaxe-, 4.000 quilos e 1.000 máis por tripulante a semana. No caso das embarcacións maiores a esa unidade, asígnanselles 6.000 quilos e outros 1.000 máis por tripulante, tamén semanalmente.

 

También te puede interesar