Galicia atópase entre as comunidades que menos porcentaxe do seu Producto Interior Bruto (PIB) dedican á Investigación, Desenrolo e innovación (I+D+i) xunto con Aragón, Asturias, Cantabria, Murcia e La Rioja, cunhas taxas de inversión entre o 0,83 % e o 0,98 %. O lado oposto ocúpano País Vasco, Navarra e Madrid, con taxas do 2,19%, 1,91% e 1,82% respectivamente, todas elas por enriba da media nacional (1,30%), segundo un estudio da EAE Business School.
Segundo este informe, a inversión pública e privada en I+D+i en España caeu un 7% dende 2008, e en 2012 investíronse un total de 286 € por habitante, o que equivale a uns 13.000 millóns de euros en actividades de I+D+i.
No ámbito europeo, os países con maior inversión neste ámbito son Finlandia, Suecia e Dinamarca, con ratios do 3,55 %; 3,41 %, e 2,99 %, respectivamente. España destinou en 2013 o 1,3 % do seu PIB a este fin, a mesma cifra que o ano anterior e que se sitúa en torno á media da zona euro (1,35 %).
Ademais, o estudio reflicte que o gasto privado en I+D+i por habitante baixou ata os 151,50 €, un 5,48 % menos que o ano anterior e por debaixo das cifras de países como Alemaña, Francia, Reino Unido ou Italia (636,4 €, 452 €, 332 € e 177 € respectivamente).