É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEmpezan as obras no Corredor de O Morrazo
A Consellería de Infraestruturas, iniciou as obras de estabilización da marxe dereita da saída de Cangas no Corredor do Morrazo, afectado por un desprendemento no noiro acontecido o pasado mes de febreiro.
A obra, que estase a realizar no kilómetro 12 +700, foi adxudicada de emerxencia á empresa Narón por un importe de 822.000 €, e os traballos consistirán en escavar o terreo, desmontar o muro, recolectar pedra aproveitable para a reconstrución do mesmo e a construción dun muro de bloques de pedra de 4,5 metros. Para a súa consolidación utilizarase a técnica do gunitado por vía húmida de formigón, e colocaranse unha malla electrosoldar, e ancoraxes de cables de aceiro dispostos en cuadrículas.
Dende o pasado día 22, a Xunta habilitou o dobre sentido no ramal de entrada ao corredor, en dirección Rande, para ofrecer unha alternativa provisional de acceso a Cangas mentres duran os traballos na marxe dereita da calzada.