Vigo al minuto

A Marea Verde do Ensino chama a unha asamblea a toda a comunidade educativa de Vigo

Fotografía: https://www.facebook.com/mareaverdedoensino

A Marea Verde do Ensino convocou este mércores a toda a comunidade educativa, de todos os niveis de ensino, para que participe nunha asemblea para “facer balance da situación educativa actual, frear a deterioración do ensino público e canalizar o seu malestar evidente”.

A asamblea – convocada o vindeiro mércores no Instituto de Educación Secundaria San Tomé-  terá como obxectivo escoitar as propostas de todos os centros e as persoas vinculadas coa educación, ademais de propoñer a creación dun observatorio e facer un estudo de todas as medidas que está a tomar o Goberno para “restrinxir os dereitos de traballadores e contra os intereses das familias”.

Nos últimos meses o colectivo realizou varias mobilizacións, especialmente na zona do Val Miñor, como dúas concentracións e unha cadea humana, ainda que, como lembraron os membros deste colectivo, o Sur de Pontevedra non é doado de movilizar xa que “ao haber tantos centros é difícil coordinarse”, polo que este será outro dos obxectivos da asamblea: ser un punto de referencia.

O primeiro paso será organizar, tras o encontró, un acto reivindicativo global en Vigo, como punto de partida para que o mobemento empece a ter dimensión.

 

También te puede interesar