Galicia

Un morto e 54 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 54 persoas debido a 36 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas, das que unha faleceu. Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 3 da tarde do venres e as 12 da noite deste domingo 38 chamadas en relación con sinistros de circulación. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 16 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 46. Deste modo, as ambulancias medicalizadas realizaron catro saídas; e as asistenciais, 40; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en dúas ocasións.

En 41 casos os feridos foron evacuados aos centros hospitalario correspondentes, doce recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoas faleceron no punto do sinistro.

A provincia de Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes, con 17, durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 12; Lugo, con catro; e Ourense, con tres.

 

También te puede interesar