Galicia

Os altos cargos, personal eventual e funcionarios da Xunta non poderán aceptar regalos de máis de 90 €

O Goberno galego aprobou este xoves o seu primeiro código ético que prohibe aos membros do Executivo, aos altos cargos, ao persoal eventual e aos empregados públicos aceptar “regalos” e obsequios que teñan un valor superior a 90 €. Ademais, ter unha conta nun país considerado ‘paraíso fiscal’ será motivo de cesamento inmediato para calquera alto cargo.

Na rolda de prensa posterior ao Consello o presidente Feijóo, sinalou que todos os altos cargos e persoal eventual deben asumir dende “hoxe mesmo” os principios incluídos neste código, mentres que, no caso dos empregados públicos, se “comunicará” para a súa avaliación á Mesa de Función Pública.

O código tamén establece que as autoridades e empregados públicos non poderán valerse da súa posición para obter “vantaxes profesionais ou materiais” como tratos de privilexio na condonación de débedas bancarias, empréstitos a interese cero ou o uso gratuíto de instalacións, cando exista réxime habitual de cobramento. Ademáis, especifícase que “baixo ningún suposto” se poderá obter lucro persoal polo “uso de información privilexiada” de carácter financeiro, bolsista ou fiscal á que teñan acceso.

De xurdir dúbidas sobre algunha cuestión do código ou algún presente, Feijóo explicou que se optará pola devolución ou, de ser posible, se notificará e remitirase á inspección da Xunta que deberá decidir o destino, “por exemplo, unha ONG”.

No ámbito do persoal sanitario, como xa avanzara o presidente, non se considera prohibido acudir a un congreso “cos gastos pagados” pola entidade organizadora ou percibir unha retribución por un relatorio.

Feijóo subliñou que as empresas que contraten coa Administración deberán someterse a este código ético.

 

También te puede interesar