O bailarín e coreógrafo Rafael Amargo presentará, o próximo sábado, día 12 de abril, o seu novo espectáculo, “Eclectic Man”, unha montaxe chea de forza na que a súa compañía e músicos estarán arroupados por Laura Llader e os Nenos do Pelouro– aos cales donará o seu caché por actuar en Vigo-.
“Eclectic Man” xoga coa propia natureza dun bailarín que soubo conxugar o flamenco e a danza de raíz co máis espectacular do baile contemporáneo. Amargo elixiu o Auditorio “Mar de Vigo” para estrear un espectáculo que levará logo por todo o Estado, “en principio Madrid e Barcelona” e, máis adiante por varias capitales estranxeiras.
Rafael Amargo, como él mesmo indicou, é un bailarín e coreógrafo “ecléctico”. Soubo inspirarse no máis puro flamenco dos seus mestres- como Antonio Gades- pero á vez asimilou outro tipo de tendencias coreográficas, como as ensinanzas na escola de Marta Graham durante a súa estanza en Nova Iorque.
En “Eclectic Man”, Rafael Amargo reivindica a súa arte para conxugar xéneros diversos e levalos á escena para chegar a públicos de todo mundo. Amargo é un reivindicador da compañía de baile, e do “concepto teatral e escénico do flamenco” e, como él mesmo indicou, mantén unha “incansable busca de inspiración en todas as disciplinas plásticas, pola súa relación co mundo artístico e cultural”, que lle permitiu ser apadriñado nos inicios da súa carreira por artistas como Luis Gordillo ou Esperanza D’Ors; ser fotografado por Bruce Weber e Christopher Makos, ou coreografiar, para o Museo Chillida de Hernani, unha peza inspirada na obra do escultor.
Ao longo da súa traxectoria, Amargo recibiu catro Premios Max de las Artes Escénicas, o Premio ao Mellor Espectáculo da Década -por Poeta en Nueva York, en 2002- ou que foi nomeado aos “Lawrence Olivier Awards” como Mellor Coreógrafo de Teatro pola súa montaxe do musical “Raposo”, no West End de Londres.