Vigo al minuto

Piden para Vigo a capitalidade xudicial de Pontevedra

O decano do Colexio de Procuradores de Vigo, criticou o Anteproxecto da reforma da Lei de Demarcación e Plata Xudicial- que xa ten a aprobación do Consello de Ministros- e  indicou que o ministro Gallardón ten todos os informes que avalan a singularidade da cidade, atendendo a súa poboación, o número de asuntos que se atenden os seus xulgados de xeito que Vigo “reúne todas as condicións agás ser capital de provincia”.

Manuel Castell non cre que o Goberno aprobé a excepcionalidade para Vigo, porque suporía que tamén recoñecer o mesmo para outras cidades, como Xixón ou Elxe, polo cal apostou por “solicitar é a capitalidade xudicial” da provincia e porque a cidade teña unha sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Pola súa banda, o alcalde, logo de entrevistarse cos procuradores, subliñou que, tras distintas reunións co mundo da xudicatura, constatou o “rexeitamento unánime” á Lei Gallardón, polo cal, do mesmo xeito que os procuradores, esixiu para Vigo a capitalidade xudicial da provincia e a metade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Se isto non é así, subliñou Caballero, desaparecerá a Administración de Xustiza na cidade, algo que fará posible que o Goberno non vaia a aceptar que haxa dúas capitais xudiciais na provincia -Vigo e Pontevedra- , ao tempo que asegurou que a intención de Gallardón “ten o apoio tácito da Xunta”. O alcalde lembrou que o actual vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, manifestouse “físicamente, na rúa” para que Vigo non tivese o segundo Xulgado Mercantil “e conseguiuno”.

 

También te puede interesar