Gerardo Fernández Albor, de 96 anos, que foi presidente da Xunta de 1982 a 1987, está ingresado na clínica compostelana ‘La Rosaleda’ dende principios desta semana a causa dunha neumonía.
O ex presidente, médico de profesión- que tivo como un dos seus vicepresidentes a Mariano Rajoy, evoluciona favorablemente, segundo informou a súa familia.