Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis convoca unha concentración, este luns diante do Centro Cívico

Veciños de Teis o pasado mércores nunha rolda de prensa do alcalde/Tresyuno Comunicación

A Asociación de Veciños de Teis convoca para este luns ás 7 da tarde- diante do Centro Cívico- unha concentración para esixir a xestión do centro, denunciar o intento de privatizar a mesma, sinalar o “ataque ao movimiento vecinal” e salientar a “actitude autoritaria e prepotente do alcalde e do seu goberno con esta asociación”.

A concentración de protesta está baseada nos feitos ocorridos o venres cando o Concello comunicou aos veciños que debían deixar o Centro Cívico e varios operarios tentaron cambiar as pechaduras de entrada ao mesmo e das oficinas que a Asociación ten nel.

Segundo varios veciños, esta decisión é a “resposta do alcalde polo plante que fixemos durante unha rolda de prensa na Alcaldía e advirten que esta iniciativa non ten coma obxectivo “nin a cuestión económicas nin de mellora da xestión do centro, sinon que é unha medida de represalia contra esta asociación polo seu carácter reivindicativo e independente co goberno municipal”.

 

También te puede interesar