A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio– creada co espíritu de fomentar a práctica deportiva no medio natural disfrutando da natureza e dos beneficios da práctica deportiva así coma do ambiente de amizade e cooperación que xenera- organiza este xoves santo, día 17 de abril a Andaina “As árbores e as Abellas”.
A mesma consistirá nunha Ruta polas Ribeiras do Termes dende a Fábrica de Paz de Vide, en As Neves– a saída será en vehículo dende a Praza de As Neves ata Vide-. O comezo da andaina será polo Termes e seguirá ata unha Zona Verde para a Prantación de árbores autóctonas, ademáis haberá unha charla-coloquio sobre a Influenza das árbores nas abellas e na elaboración do Mel
Haberá un avituallamento : Bebida, Requeixo e Mel – prezo: 1€ -; un xantar para adultos consistente en lacón con grelos- 12 €- e outro para nenos, carne asada. -5 €-.
As inscripcións poden facerse a través da web www.acdsanomedio.com ou a páxina de facebook https://www.facebook.com/acdsanomedio.asneves