O BNG presentará unha moción no próximo Pleno da Corporación para que se esixa á Xunta a volta ao sistema de empréstito de libros de texto como primeiro paso para chegar á gratuidade de todos os que se usen nos ensino público. A voceira do Bloque no Concello pedirá que se dote aos colexios de persoal para xestionar ese sistema para que non dependa so das nais e país dos alumnos.
Preguntada polos xornalistas sobre a volta do ‘Cursos de inglés’ no Reino Unido, anunciada polo alcalde, Iolanda Veloso salientou que ese é un programa que serviu para que Abel Caballero “se fixese fotos”, pero que “non é prioritario á vista da situación de moitas familias”. Veloso salientou que “antes de pagar viaxes a Inglaterra de 15 días, o alcalde debería garantir que tivesen acceso a cuestións básicas, como o comedor, ou os libros”.
A nacionalista repetiu que para a selección dos rapaces que participan no mesmo non se ten en conta a renda das súas familias, senon que só se basean en datos académicos polo cal, negou que se tratase dun programa para os fillos dos traballadores e denunciou que as familias dalgúns dos alumnos becados tiñan cartos para pagarse a viaxe, a estancia e os cursos.