Galicia

Alexis Tsipras, líder do partido grego Syriza, de campaña en Galicia

Segundo informa o Galicia Confidencial, o líder de Syriza, unha das principais formacións políticas gregas, Alexis Tsipras, participará a vindeira fin de semana en Compostela nun acto en apoio de Alternativa Galega de Esquerda -AGE-.

Syriza forma parte do mesmo grupo político europeo que AGE e que aspira a converterse na terceira formación política europea despois dos socialistas e dos populares europeos.

AGE quere que este acto no que participará Tsipras, ademais dos líderes de Anova e EU en Galicia, Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, e a candidata de AGE ás eleccións europeas, Lidia Senra, sexa o inicio da precampaña electoral desta formación.

Por iso, non dubidaron en poñer a disposición de aqueles militantes que o desexen autobuses que sairán desde Vigo.

 

También te puede interesar