O Instituto Nacional de Estatística (INE) modificou á alza a poboación que serve de base na Enquisa de Poboación Activa (EPA), o que levou consigo ao mesmo tempo cambios nas principais cifras desta enquisa publicadas ata o cuarto trimestre de 2013.
Para o caso concreto de Galicia, este cambio de base na poboación -pásase do censo de 2001 ao censo de 2011-, o INE revela que Galicia pechou 2013 con 1.002.600 ocupados, 15.300 máis de que reflectiu no seu día a EPA.
A taxa de paro, pola súa banda, redúcese sete centésimas, dende o 21,96% ao 21,89%, e iso a pesar de que a modificación da poboación base eleva o número de desempregados en 3.100 persoas, ata os 280.900.
A razón de que baixe a taxa de paro e ao mesmo tempo suba o número de desempregados hai que buscala na evolución da poboación activa: o cambio de base poboacional elevou o volume de activos en 18.400 persoas respecto ás inicialmente publicadas, ata 1.283.500 activos.