Concentración dos veciños Teis pola xestión do centro cívico

Para a xornada do martes, a Asociación Veciñal de Teis convoca unha concentración para reivindicar a xestión do centro veciñal, mantendo o convenio existente entre o Concello e a organización, en contra da súa privatización. A convocatoria comezará ás 19:00 horas diante do centro cívico de Teis.

Dende a páxina web da Asociación de Veciños de Teis, declaran que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, realizou una serie de declaración erróneas en relación á xestión do centro, que involucra a presencia e colaboración da Asociación Veciñal de Teis dende as súas orixes no 2002. O organismo nega que a existencia do convenio débese pola “insistencia do BNG”, debido que a súa xestión foi tratada por diferentes gobernos municipais, entre os que destaca Lois Pérez Castrillo, Corina Porro, Ventura Pérez Mariño e Abel Caballero.

A maiores, defenden que o convenio foi una conquista do barrio, invertindo a totalidade do diñeiro no desenvolvemento das actividades no barrio. A entidade argumenta que o rexidor pretende reducir o investimento social e cultural, trasladando a xestión á empresa privada, que xestionará os catro centros cívicos vigueses.

 

También te puede interesar