Vigo al minuto

‘Quedada en Castrelos’, o ‘Correlingua’, Bibliotecas Vivintes e regueifas nas Cíes, nas vindeiras datas

Isaura Abelairas, concelleira de Normalización Lingüística

A concelleira de Normalización Lingüística presentou este mércores as actividades a desenvolver pola súa concellería as vindeiras datas, entre as que subliñou a cita de 500 alumnos, de Infantil a Bacharelato, en Castrelos, o vindeiro día 15, nun “intercambio de experiencias de cara á lectura”, como peche dos obradoiros literarios que promove o Concello nos centros escolares durante o curso, que estará conducida pola actriz Uxía Blanco.

Isaura Abelairas salientou que o Concello realiza en cada trimestre sobre 200 actividades, en colaboración con numerosas entidades de carácter cultural, vecinal, ademáis de colexios de primaria, secundaria e mesmo a Universidade.

Tamén, este mes, será o xa tradicional Correlingua -o vindeiro venres día 9, e o 29 -, en colaboración cos colexios da zona e a asociación veciñal Novo Vigo de Navia, e que proporá a  colocación, por parte de escolares, de carteis coa toponimia actual e pasada das distintas zonas de Teixugueiras.

Entre as propostas en marcha, Abelairas fixo fincapé nas Bibliotecas Vivintes, “unha forma máis de animar á lectura” ao público infantil consistente en que unha persoa -participaron algúns xogadores do Celta- representa no Verbum un libro, dándolle lectura e facendo seus os personaxes para que os rapaces poidan preguntarlles como lle cuestionarían ao propio libro.

No Centro de Interpretación da Oralidade, e en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, está previsto un “verán regueifeiro”, con conferencias, actividades e xogos nas illas Cíes. Tamén a cargo do alumnado deste centro, o Concello traballa nun fin de festa na Praza da Constitución, o 30 de maio, con regueifas e improvisación oral.

 

También te puede interesar