Os representantes e portavoces municipais do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Salvaterra, e As Neves, xunto coa deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Carme Adán, compareceron este venres en rolda de prensa nos terreos da Plataforma Loxística Salvaterra- As Neves (PLISAN), para denunciar o que calificaron de “despilfarro” por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.
Segundo indicaron, recentemente, os responsables do Porto anunciaron a súa intención de mercar 120.000 metros cadrados no concello de Mos para a creación dunha área loxística’ de contedores e aparacamento de camións e vehículos vinculados ó tráfico portuario, que suporá un investimento considerable.
Curiosamente, mentras, o Porto de Vigo, “un dos promotores e propietarios da PLISAN, que estaba destiñada a acoller o proxecto do Porto Seco”, non aproveita, nin desenrola este espazo pensado e anunciado como unha iniciativa que, ademáis de liberar espazo do propio Porto, “estaba chamado a ser unha área loxistica, de deposito de contedores e vehiculos que facilitase as xestións e deixase libres os peiraos e terreos do porto vigués”.
En contra do anunciado, e logo de moitos anos, os máis de catro millóns de metros cadrados da PLISAN seguen aínda, na fase de explanación, sendo una “eira inútil” na actualidade para a que están “construindo unha autovía”, e na hai previsto un enlace en puzo cun orzamento inicial de algo mais de 13 millóns de euros.
Ainda que, ao longo dos anos, o BNG presentou- tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento de Galicia- numerosas iniciativas e propostas para a aprobación da dotación orzamentaria precisa para dotar a esta Plataforma de vida real, e, “a pesares das promesas , que sempre coincidiron con periodos preelectorais, os sucesivos gobernos da Xunta e do Estado, ademáis dos responsables da Zona Franca e a Autoridade Portuaria deixaron morrer o Porto Seco” que, á día de hoxe, segundo salientou Adán, segue paralizado no que parece unha fase permanente de explanación- última obra levada a cabo na PLISAN, e que coincidiu co pago aos propietarios dos terreos cando a nacionalista Teresa Táboas era conselleira de Vivenda e Solo no goberno bipartito presidido por Emilio Pérez Touriño.
Por todo iso, a deputada nacionalista levará a cabo diferentes iniciativas no Parlamento de Galicia, empezando por unha “proposición non de lei”, para que o Goberno galego aclare qué é o que vai facer na PLISAN, en qué prazos, e con qué dotación económica.
“Si no eido das responsabilidades do Estado e da Xunta, o desinterés e o engano no proxecto do Porto Seco, foron unha constante durante máis dunha década, a nivel local, ese engano e desinterés foi secundado polos alcaldes de As Neves e Salvaterra” que, salientaron os dous voceiros locales, preferiron “plegarse ás ordes do seu partido e non emprender iniciativa algunha que supusera una defensa real e efectiva da PLISAN”, baste como exemplo que ante este anuncio da Autoridade Portuaria “non fixeron xestión nin declaración algunha, nin advertindo destas intencións nin, moito menos denunciando a mesma”.
Segundo Xosé Manuel Rodríguez, responsable do BNG de As Neves, o alcalde, Raúl Emilio Castro, comportouse neste asunto “como un segundón” algo que, salientou, pon de manifestó que “sempre que preguntamos nos plenos do concello por este asunto responde que non sabe nada e que agrada que alguén, non sabemos quén, o informe”.