Os socialistas de Galicia votarán en Blanco

José Blanco, candidato ao Parlamento Europeo, este xoves pola noite en Vigo/Tresyuno Comunicación

O secretario xeral do PSdeG, abriu a campaña na Praza da Constitución, en Vigo, asegurando que votar aos socialistas é “recuperar a igualdade e o benestar fronte a unha dereita que rescata aos bancos, non ás personas, e que so trouxo a Galia e a España máis paro, máis inquedanza para milleiros de familias que non poden chegar a fin de mes”.

José Ramón Gómez Besteiro, salientou que só hai dúas opción, “votar á dereita para que todos sigamos perdendo como traballadores e como sociedade, ou votar á esquerda, que representamos os socialistas, e que poidamos tomar, de novo, as rendas da nosa vida e do noso futuro”.

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro/Tresyuno Comunicación

O líder dos socialistas galegos, acompañado do candidato á Eurocámara, José Blanco, e do alcalde de Caballero, dixo que o PSdG traballa con “forza, ilusión e crendo no cambio, para que deixemos de perder como cidadáns e gañemos como sociedade”.

José Blanco indicou que “non basta con indignarse, a indignación non cambia gobernos nin a abstención cambia políticas”. O candidato, nun ton contundente, subliñou que a dereita preferiu a austeridade e pediu que “non lle demos un cheque en branco, porque están acabando coa xustiza social e a igualdade de oportunidades”.

O ex ministro advertiu que “o Partido Popular agocha máis recortes para despois destas elecións e, por iso, hai que darlle as costas nas urnas e facer posible un xiro social: si queremos cambiar Europa, si queremos máis emprego, máis dereitos, máis benestar… só hai un camiño: o camiño do voto”.

 

También te puede interesar