Conselleira de Sanidade “en verán péchanse camas nos hospitais porque xa non son tan imprescindibles”

Doentes nos pasillos do Meixoeiro- vese que as camas non son tan imprescindibles como antes-/Tresyuno Comunicación

A conselleira de Sanidade, respostou ás críticas polo peche de camas nos hospitais públicos de Galicia asegurando que “é algo que se fai dende sempre” e sublimando que “debido á baixada de estanza media o recurso cama non é tan imprescindible como antes”.

Rocío Mosquera fixo estas declaración, este luns, na presentación do encontro ‘BioSpain2014’ que se celebrará en Santiago do 24 ao 26 de setembro explicando que as razón de que se faga no verán é que “as reformas que se acometen nos hospitais deben facerse cando hai menor demanda e o verán é cando hai menos patoloxías agudas”.

Mosquera indicou que, ademáis Galicia ten unha “ventaxe: que está a baixar a estanza media de xeito moi importante” nos hospitais e que, por iso, “podemos ter unha reorganización mellor respondendo ás necesidades actuais”.

Segundo a conselleira, en 2013 e o que vai de 2014 se conseguiu “realizar unha cirurxía moito máis ambulatoria que en toda a historia do Servizo Galego de Saúde (Sergas)”, tanto que, dixo, “o número de intervencións ambulatorias superou por primeira vez ao número de intervencións con ingreso”.

En calquera caso, concluiu, se fose necesario polas necesidades ou porque hai un pico dalgunha patoloxía, as camas poríanse inmediatamente en funcionamento”, e e puxo coma exemplo a atención ás vítimas do accidente de Angrois o 24 de xullo pasado.

 

También te puede interesar